Os alcaldes da Costa preparan un calendario de actividades para La Vuelta

Os alcaldes de Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra participaron nunha reunión esta mañá nunha reunión co presidente da Deputación Diego Calvo, para planificar o paso de La Vuelta pola provincia.

O obxectivo común é organizar un calendario de actividades paralelas ao paso do pelotón para conseguir un maior atractivo turístico e unha maior promoción da Coruña, acadando unha maior repercusión da chamada Etapa Fin do Mundo.

Lembren que a gran data, a etapa Fin do Mundo partirá de Lalín o día 27 de agosto e pasará polos municipios de Vedra, Teo, Santiago, Ames, Negreira, Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee e Corcubión. Rematará no Faro de Fisterra.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Deputación.