Os Anxos de Compostela cantarán na Igrexa de San Mamede

O Concello de Carnota organiza este vindeiro sábado 30 de abril, ás 19:00h, na Igrexa de San Mamede, un concerto da Escolanía de Nenos da Catedral de Santiago de Compostela, “Ángeles de Compostela”.

Trátase dun concerto de música profana e relixiosa, interpretado por 22 voces masculinas e femininas, dirixido por D. José Luis Vázquez López (director tamén da sinfónica de Galicia), que dura ó redor de 50 minutos. A entrada é de balde.

"Ángeles de Compostela é o recuperado coro-escolanía da Catedral de Santiago, creado no 2009 para revitalizar as celebracións da cidade e a catedral, a partires do Ano Santo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.