Quedou atrás o San Martiño, e non puideron saltar os peóns ao camiño. O temporal se puxo en contra dos xogos tradicionais e obrigou a aprazar o #DíadoPeón que cada ano artella a Rede Galega do Xogo Tradicional Brinqueda. A cita central da rede concéntranse este ano, na súa 14ª edición, en Carnota, e se non puido ser o #9N, este 2018 o Día do Peón trasládase ao venres 30 de novembro.
Pero xa houbo quen quixo seguir botando unha lanza polos xogos tradicionais, como foi a ANPA Alén, do Colexio Praia de Quenxe de Corcubión, que non fallou á súa ineludible cita cos trompos e puxo á rapazada e aos pais e nais a bailar a peonza.
Seguro que moitos repiten o #30N en Carnota!
Así celebrou a ANPA Alén o Día do Peón no CEIP Praia de Quenxe
VII Festipopeóns
Unha das máis importantes referencias en xogos tradicionais da comarca, o Museo Etnolúdico de Galicia de Ponteceso (MELGA), prepárase para a gran cita do VII Festival Ponteceso peóns. Os peóns, trompos, perinolas, perindolas... saltarán ao camiño co Buxanciño do Melga este domingo 11 de novembro a partir das 11:00h.
Luís Giadas abrirá a sesión co manifesto polo Día do Peón, e haberá actividades concursos e exposicións de buxainas do mundo.