Os usuarios de Adisbismur aprenden coa musicoterapia en Carnota

Que fermoso é velos aos usuarios de Adisbismur concentrados ca música. Unha terapia que lles está indo de marabilla como nos contande dende a Escola Municipal de Música de Carnota, que dende o vindeiro martes 9 de abril e ata o mes de xuño impartirá un curso de Musicoterapia dirixido aos usuarios e usuarias do Centro Ocupacional de Valadares (ADISBISMUR).

Repítese así experiencia, xa que algo similar se fixera no ano 2011 con excelentes resultados para alumnos e mestres.

Dúas mañás completas ao mes, a mestra e directora da ESMU, Alianza Uhía Patiño, traballará cos usuarios métodos, actividades, bailes, contos musicais, xogos, etc., para acadar os obxectivos que se pretenden coa musicoterapia na xente con discapacidade, onde o primordial é mellorar a afectividade, a conduta, a personalidade e a comunicación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).