Unha persoa falecida tras un accidente en Caldebarcos

O accidente tivo lugar na entrada de Caldebarcos

Esta tarde de domingo 13 de xuño rexistrouse un novo accidente mortal nas nosas estradas. Foi arredor das 18:30h, cando dous vehículos (un Renault Clio e unha furgoneta Mercedes) colisionaban frontalmente, no punto quilométrico 17 das na AC-550, xusto na curva da entrada de Caldebarcos (Carnota), provocando que o condutor do Clio, un veciño de Cee duns 60 anos, quedase atrapado.

Cando os efectivos do GES de Muros, e os sanitari@s do 061 o excarceraron xa estaba sen vida.