Presentados os candidatos do BNG na comarca de Muros-Noia

Porto do Son acollía a presentación dos candidatos do BNG na comarca de Muros e Noia nas listas para as autonómicas do vindeiro 25 de setembro. Numerosos militantes da comarca, entre os que destacan o Alcalde de Mazaricos, Xoán Xosé Blanco, e a Deputada Provincial Ánxela Franco, que fixo de presentadora do acto.

No acto de presentación, os candidatos foron debullando parte do programa electoral do BNG, “poñendo en valor a defensa dos recursos produtivos e das maiorías sociais ante os abusos de Madrid e Bruxelas”, co orgullo de sentirse responsables de defender con ilusión o País que soñan construir”.

En palabras da Candidata número tres da provincia, a pobrense e exdeputada no Congreso, Rosana Pérez, tanto a mazaricana Camen Rei, profesional do Audiovisual, como o sonense Anxo Moledo, administrativo, representan a pluraridade do noso país, conxugando o rural leiteiro mazaricán coa costa mariñeira de Porto do Son e da Ría de Muros e Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • BNG Muros-Noia.