Un libro conta o facer dos canteiros de Carnota
15 de decembro de 2010 (08:17 h.)
Recuperación da Igrexa de San Clemente
A Consellería de Cultura e Turismo destinará en 2011 un total de 203.397 euros para a restauración e acondicionamento da igrexa de San Clemente do Pindo. Entre as actuacións que se levarán a cabo destaca o repicado de revocos nos parámetrosinteriores e exteriores e das xuntas, a reconstrución do coro, novas carpinterías exteriores e interiores, reparacións puntuais de cuberta, nova instalación eléctrica e de iluminación, dotación de mobiliario para o interior da igrexa, construción dunha nova sancristía e a nova pavimentación da entrada á igrexa. As obras previstas no proxecto de restauración céntranse na recuperación do uso da capela orixinal como a peza de máis valor do conxunto e na restauración do retablo pétreo do século XVIII. A igrexa de San Clemente do Pindo presenta unha configuración que deriva das actuacións de ampliación e reforma que sufriu entre os anos 1960 e 1965, e na que a primitiva igrexa ficou finalmente como unha sancristía da nave maior. A Capela primitiva estaba formada por unha nave de forma rectangular dividida en tres treitos nos que os arcos de medio punto descansaban sobre pilastras decantería que sobresaen dos muros de fábrica.Obras do Centro Sociocultural do Viso
O conselleiro de Cultura e Turismo visitou a pasada mañá o concello para comprobar in situ o avance das obras de construción do centro sociocultural do Viso, “un referente na comarca ao que os veciños lle sacarán o máximo partido”. A execución destas actuacións conta co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo, que destinará ao Concello coruñés 990.000 euros sufragados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, segundo o convenio asinado o pasado 14 de setembro.Novas relacionadas
- 16-10-10: A Xunta recuperará a Escola de Música de Carnota e aporta fondos para o centro sociocultural.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.