Unha beca acuícola para aprender a excelencia culinaria en Nova Iorque

Jordi Trias, Presidente de Stolto Sea Farm, co Chef Bruce Mattel Un estudante norteamericano terá a oportunidade o vindeiro curso de formar parte do prestixioso programa de estudos culinarios na institución máis recoñecida do mundo, The Culinary Institute of America. Unha entidade cunha reputación de excelencia educativa que é considerada a Universidade culinaria máis importante a nivel internacional, despois de 60 anos en funcionamento. O centro vén de asinar un convenio con Stolt Sea Farm, para crear a "Beca Stolt Sea Farm”. O acordo non só permitirá que o estudante obteña un título universitario, senón que tamén adquira un coñecemento máis profundo sobre a acuicultura, a forma máis sostenible do planeta, na produción de proteína animal. Ademais, Stolt Sea Farm invitará ao estudante á súa sé e instalacións en Europa. O presidente da empresa acuícola, Jordi Trias asinou, así mesmo, un acordo coa intención de facer posible que outros estudantes do campus de Nova York completen as súas formación, traballando, degustando e aprendendo máis sobre o rodaballo, lenguado e esturión. Stolt Sea Farm doará máis de 1100 quilos de peixe extra fresco, de cultivo de calidade, para estes fins.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-limpeza-moi-acuicola-da-illa-do-castelo/