XXII Carreira das Areas en Carnota
         01 de setembro de 2013 (01:17 h.)
      
    
              O pasado 24 de Agosto tivo lugar en Carnota a XXII Carreira das Areas, unha carreira bastante diferente o que se acostuma a ver por ahí habitualmente xa que a maior parte dela discorre pola praia. O Areal de Carnota a verdade é que se presta  moito para este tipo de carreiras, con un recorrido de 10 km onde a maior parte se corre toda pola praia. Dadas as peculiaridades desta proba, e para poder correr polas zonas de area dura na praia, a organización ten que ter en conta os horarios das mareas.
Este ano a carreira Senior tivo que dar comezo as 12:00 da mañá por culpa da marea, pero mentras os maiores se preparaban, as 11:00 da maña dabase  a saída aos máis pequenos, os Infantís partiron dende o Areal para percorrer unha distancia de  0.5 Km por area  é  1.5 km por asfalto para poñer fin a súa carreira con chegada na Praza do Concello. Unha vez terminada a carreira dos Infantís era o turno dos Xuvenís, estes con unha distancia por recorrer de  3 km, onde 1.5 km foron recorridos pola praia e outros tantos polo asfalto. O mellor tempo realizado polos Infantís foi 09:03:09 minutos, mentras que nos Xuvenis o mellor tempo entrando na meta foron 11:34:17 minutos.