170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos

Responsables da ONG Egueire O cocido solidario de Egueire, enmarcado no programa nos 10 anos da entidade, acolleu un total de 170 persoas de toda a bisbarra. Antes de comezar a comida o presidente da Ong Desiré Kouakou Tanoh fixo una presentación da realidade de Costa de Marfil, onde destacou que o seu país de orixe atópase actualmente no posto 171 de 186 da Lista de países por índice de desarrollo humano publicado o ano pasado por Naciones Unidas (España atopase no posto 27). Produtor de cacao (primeiro país a nivel mundial), café ou diamantes entre outras materias primas explicou que esta riqueza material non trascende a economía nacional e que a pobreza ten un índice alto de crecemento paralelo o alto crecemento poboacional que se ten. A vez destacou que un dos grandes obxetivos primordiais de Egueire é a formación da poboación económica e socialmente. Xa no momento dos postres (orellas e filloas, como marca o día), o secretario da Ong, Xosé Manuel Pensado Figueiras deulle a palabra o director do EFA Fonteboa, Luis García, quen trasladou a sua satisfacción coa formación en agranomía que están recibindo 2 alumnos marfileños (César Kinino e Joseph Arnaud Valera) a cal finalizarán neste curso e que trasladarán o seu país coa creación dunha escola agrícola.