xoves. 01.05.2025
El tiempo

170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos

170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos
Responsables da ONG Egueire Responsables da ONG Egueire O cocido solidario de Egueire, enmarcado no programa nos 10 anos da entidade, acolleu un total de 170 persoas de toda a bisbarra. Antes de comezar a comida o presidente da Ong Desiré Kouakou Tanoh fixo una presentación da realidade de Costa de Marfil, onde destacou que o seu país de orixe atópase actualmente no posto 171 de 186 da Lista de países por índice de desarrollo humano publicado o ano pasado por Naciones Unidas (España atopase no posto 27). Produtor de cacao (primeiro país a nivel mundial), café ou diamantes entre outras materias primas explicou que esta riqueza material non trascende a economía nacional e que a pobreza ten un índice alto de crecemento paralelo o alto crecemento poboacional que se ten. A vez destacou que un dos grandes obxetivos primordiais de Egueire é a formación da poboación económica e socialmente. Xa no momento dos postres (orellas e filloas, como marca o día), o secretario da Ong, Xosé Manuel Pensado Figueiras deulle a palabra o director do EFA Fonteboa, Luis García, quen trasladou a sua satisfacción coa formación en agranomía que están recibindo 2 alumnos marfileños (César Kinino e Joseph Arnaud Valera) a cal finalizarán neste curso e que trasladarán o seu país coa creación dunha escola agrícola.

Comentarios