A Asociación de Empresarios de Cee convoca eleccións
15 de marzo de 2011 (09:12 h.)
A entidade empresarial ceense busca nova Xunta directiva. Veñen de convocar eleccións para determinar os novos Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro.
Está aberto o prazo de candidaturas dende hoxe día 15 ata o vindeiro 30 de marzo. Poderán ser candidatos e votantes os socios da Asociación que, cunha antigüidade mínima dun mes, se atopen ó día no pago das súas cuotas. Cada candidato só poderá presentarse a un posto.
Serán válidas a presentación de candidaturas conxuntas ós 4 postos ou presentacións individuais a cada posto.
A votación realizarase o vindeiro 02 de abril de 18:00 h. a 20:00 h. no local da Asociación.
Novas relacionadas
- O Nadal dos empresarios de Cee tamén trouxo premios.
- Os empresarios de Cee mercan en Cee.
- Os empresarios da Costa aprenden novos medios de publicidade .
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.