A Biblioteca de Cee celebra o seu día agasallando libros

Imaxe do Fondo Local da Biblioteca de Cee

Con motivo do Día da Biblioteca, a festexar este mesmo luns 24 de outubro, data instituida en 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil coa finalidade de concienciar á sociedade da importancia da lectura e de salientar a importancia da biblioteca como un lugar de encontro para os/as lectores/as de todas as idades coa cultura, así como o de ser unha ferramenta para mellorar a formación e a convivencia humana; a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee súmase a esta celebración co agasallo de libros ás persoas que utilicen o servizo de préstamo este próximo luns, 24 de outubro, Día da Biblioteca.

Así, damos os parabéns ao bo de José Ramón Rey Senra por esta novedosa iniciativa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).