A biblioteca do Fernando Blanco de Cee transfórmase polo Samaín

O alumnado representou lecturas de terror cunha espectacular posta en escea A biblioteca do IES Fernando Blanco de Cee converteuse onte nun lugar terrorífico. Despois de máis dun mes de preparación do decorado e dos textos, os alumnos e alumnas do centro educativo representaron as súas lecturas de terror adaptadas acompañadas dun terrorífico son e imaxe. Esta é unha das actividades organizadas polo centro de secundaria de Cee dentro da celebración de Samaín que implica o compromiso de profesores, alumnado, demais persoal do centro e familias. O Samaín en imaxes
As representacións terroríficas tiveron lugar onte na biblioteca do IES Fernando Blanco de Cee  
O alumnado decocou a biblioteca para a ocasión  
Durante un mes, alumnos e mestres prepararon as representacións  
Para levar a cabo esta actividade, necesitouse a colaboración de persoal do centro e das familias Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • IES Fernando Blanco