A Escola de Música de Cee estreou escenario na súa nova casa

Tocaba o venres sesión musical na programación da Casa da Cultura de Cee. A Escola de Música de Cee, que xa fixo da CCC a súa casa, estreou o escenario co seu Festival Trimestral, no que participaron ducias de alumnos da escola dirixida por Fernando Fraga.

Como non pode ser doutro xeito cando os protagonistas son os propios veciños, as 500 prazas do auditorio case que quedaron pequenas para escoitar a estas promesas da cultura costeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).