A Escoliña de Cee pechou un curso de grandes estrelas

Como grandes estrelas, os peques da Escola infantil Municipal de Cee subiron ao escenario da Casa da Cultura de Cee para celebrar o acto de clausura do Curso 2017-2018. O auditorio municipal Baldomero Cores quedou pequeno entre pais, nais, avós, irmáns, curmáns… que disfrutaron dos actos preparados polas educadoras que tiñan como protagonistas aos máis pequenos, así como das graduacións de aqueles pequenos que comezan unha nova etapa coa súa incorporación ao segundo ciclo de educación infantil.

A música, os bailes e tamén os choros dos nenos foron os protagonistas dunha emotiva mañá en Cee.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dia-de-graduacion-na-escolina-de-cee/