A Fundación Fernando Blanco lembrou a Manuel Vázquez Formoso

Ofrenda floral no Mes da Fundacion Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintáns

O momento máis emotivo do completo programa O Mes da Fundación sempre se dá ca ofrenda floral e misa na honra de Fernando Blanco de Lema. Profesores e alumnxs recuperaron hai 6 anos, co programa, esta tradición que non se facía dende había 132, dedicándose este ano a musa a Manuel Vázquez Formoso, ex-párroco de Cee, recentemente falecido, e que formou parte durante moitos anos do Padroado da Fundación.

Darío Lago Beiro e Paula Pérez Trillo (que o día anterior recibiron dúas das becas a mellores expedientes do pasado curso) foron @s alumn@s encargados de portar e depositar a ofrenda floral na tumba do mecenas ceense, acompañados dos acordes do himno do Antigo reino de Galicia, interpretado pola gaiteira de Pereiriña, Andrea Rodríguez Mouzo.

A misa foi oficiada por Desiré Kouakou, párroco de Cee e integrante do padroado, e contou coa colaboración do Coro do Centro Social de Cee.

Desiree impartiu a misa en memoria de Manuel Vazquez Fornos-Foto-Rafa Quintans

Un grande da escea galega

Á noitiña, a Casa da Cultura recibiu, cun cheo case completo, a visita dun dos máis grandes contadores de Galicia. Quico Cadaval trouxo o seu monólogo "Os Inocentes”, un espectáculo de coherencia e inocencia, que conta as historias durante a guerra civil de 3 persoeiros suriosos.

Quico Cadaval en Cee no Mes da Fundacion

Nova semana de actividades

Última semana deste mes de programa, con varias citas pensadas para alumnxs e público en xeral.

O martes 23, ás 11:00h, a Cultura de Cee encherase cos alumnxs de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX, e coas historias patrimoniais de Raquel Queixas e o seu “Eco das pedras”.

O xoves tocaralles aos alumnos/as da E.S.O. do I.E.S. Agra de Raíces, I.E.S. Fernando Blanco e C.P.R. Manuela Rial, cunha charla nutricional sobre “O poder dos alimentos”, da man de Sabela Oca (Xefa de Calidade e Innovación de Cooperativas Lácteas Unidas CLUN) e Alexandra Bello (Técnica de Innovación de Cooperativas Lácteas Unidas CLUN).

E xa o sábado, para pechar o pograma, as 20:30 horas, o Auditorio Casa da Cultura acollerá o concerto de Faula coas súas “Músicas da lusofonía”, que propón unha viaxe polas músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-5-mellores-expedientes-dos-ies-fernando-blanco-premiados-polo-eterno-mecenas/ https://quepasanacosta.gal/mais-de-200-alumnos-dubidaron-sobre-a-percepcion-real-das-cousas-con-castro-rivadulla/