A Fundación Fernando Blanco premio aos mellores do instituto

Ademais da interesante charla de Carlos Quintáns s”obre Arquitectura necesaria" no comezo do programa Mes da Fundación, a entidade ceense tivo un acto moi especial esta fin de semana. O pasado sábado pola mañá, tivo lugar no Salón de Actos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee, o acto de entrega dos V Premios Académicos “Fernando Blanco” correspondentes ao curso 2015-2016. Uns premios organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e polo Concello de Cee) e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración de varias entidades e establecementos comerciais.

Os protagonistas foros os alumnos premiados levando como agasallo un premio valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores). Estes foron:

  • Paula Trillo Fandiño (3º ESO).
  • Iria Pose Lagoa (1º Bacharelato).
  • Marcela Corbelle López (1º Bacharelato).
  • Virginia Santiago Santalla (1º Ciclo Medio - Xestión Administrativa).
  • Samuel López Iglesias (1º Clico Superior - Administración e Finanzas).

Ao acto acudiron Manuel Corredoira López, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; Magdalena Duarte Blanco, Inspectora de Educación; os/as integrantes do Padroado da Fundación Fernando Blanco co seu Presidente á cabeza Ramón Vigo Sambade; Carlos Oliete, Director da Zona Noroeste do Grupo FerroAtlántica; profesorado do I.E.S. Fernando Blanco; representantes das casas colaboradoras e as familias e compañeiros/as dos/as cinco premiados/as.
Puxeron voz a este acto, Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, Chelo Trillo Lago, Directora do Instituto, Manuel Corredoira López, Director Xeral, e Iria Pose Lagoa e Marcela Corbelle López, en representación, estas dúas últimas dos alumnos/as premiados/as.

Todos e todas, ademáis de felicitar aos agasallados/as, coincidiron en que a formación é un piar indispensable para tratar de lograr un futuro máis esperanzador, ademáis de loubar a figura do fundador do instituto coma un visionario co que Cee e a Costa da Morte tiñan contraída unha débeda impagable.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fundación Fernando Blanco de Cee