Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais

O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais
Julio López e Elvira Freire asinando o convenio entre a ES Bazarra e o UC Cee

Continúa o compromiso coa Estación de Servizo Bazarra co deporte costeiro, e ceense en particular. Se hai pouco selaba o convenio de colaboración co club de Atletismo Olimpia, esta semana facía o propio cun dos clubes deportivos que máis rapaces move na bisbarra.

Así, a presidenta do Unión Club Cee, Elvira Freire, e o xerente de Bazarra, Julio López, asinaron o convenio que rubrica un ano máis de colaboración con todos os equipos, sobre todo, na base.

Xa son 4 clubes deportivos cos que colabora a empresa: ACB Costa da Morte, Clube Ciclista Cee, Olimpia e UC Cee.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios