A man do PP que mece o berce de Ciudadanos

Estes días estanse falando de pactos en todos os Concellos. Facemos parada en Cee, onde é máis que sabido que un ex alcalde do PP está tecendo os fíos do novo grupo de Ciudadanos, formado hai apenas un par de meses. Falamos de Antonio Domínguez, alcalde de Cee polo PP durante 6, dende a moción de censura do 2001 ata que no 2007 a coalición de IxCee e PSdG lle roubaba o bastón.

Estes días, varios medios de comunicación, unha marea de veciños e mesmo outro dos candidatos á alcaldía durante o Debate QPC, dan por feito o pacto asinado antes das votacións entre as úas formacións, PP e Ciudadanos, se entre eles conseguen unha maioría para gobernar en coalición.
Pola contra, o propio Domínguez asegúranos que xa non forma parte da vida política e que "na súa vida privada apoia a quen quere".

Mentres, o partido Ciudadanos asegura a través das redes sociais que “No tenemos compromiso con nadie ni somos marca blanca de nadie”. Así o sinala Plácido García, o seu candidato e, actual concelleiro do grupo mixto tras desmarcarse do grupo de IxCee, que non se presentou debate QPC argumentando que foi “unha decisión de partido”, despois de darnos a palabra de que estaría presente.

Tampouco se presentou a actual alcaldesa e candidata do PP, tras varias idas e vidas, dicindo que tiña compromisos máis importantes como un mitin nunha parroquia.

Mágoa que non se prestasen a dar a cara ante os seus rivais nos comicios e ante os seus veciños.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).