A mobilización consegue que os alcaldes de Soneira e Fisterra se impliquen na loita polo servizo de pediatría

Concentración esta mañá en no Centro de Saúde de Muxía polo servizo de pediatria Numerosa concentración a que se vivíu esta mañá diante do Centro de Saúde de Muxía. Unhas 70 ou 80 persoas (pais, nais, avós, avoas…) demostraron a indignación polos continuos recortes no servizo público de pedatría que ven sufrindo a veciñanza da zona. Apoiados por varios membros da coordinadora da Plataforma Zas sen recortes en pediatría, fixeron a primeira acción despois de ter denunciado o asunto na prensa. Os afectados portaron carteis con claras mensaxes: “Pola súa saúde, queremos asistencia pediátrica”, “Coa saíde dos nosos nenos non se xoga, é un dereito que teñen” e “Muxía sen recortes, pediatra xa”. Unha concentración que contou co apoio do alcalde e dun concelleiro, pero da que destacan que en todo caso Ao remate, José Manuel Blanco Lema, pai afectado con dous fillos, explicou o realizado ata o de agora por ese grupo de persoas implicadas nesta denuncia social. Dou conta da aparición na prensa, dos contactos co alcalde muxián, e abríu o debate, en clave asemblearia, para que a veciñanza decidise cal é o seguinte paso. Así, van esperar á reunión de alcaldes desta tarde para volver xuntarse con Félix Porto.

Reunión comarcal

O feito de conseguir que os alcaldes das comarcas de Fisterra e Soneira se reúnan esta tarde é todo un éxito da mobilización social. Estaremos atentos a ver que acontece e que medidas toman os alcaldes.

"Un pediatra por comarca" ou "feito puntual"?

En todo caso, segundo explicaba Porto aos pais afectados, a cousa parece complicada. Segundo o rexedor muxián, Luís Verdes, o responsable da Área da Xestión Integrada da Coruña, xa lle manifestou que a intención dende arriba é acabar tendo “un pediatra por comarca”, é dicir, aínda retroceder máis no servizo público. Unha situación que se agrava cando moitos dos profesionais que atenden aos pequenos, como é o caso de Muxía, ten a especialidade de puericultor, non de pediatría. Porén, polo bando contrario, o PP de Muxía vén de comunicar que "garante o mantemento do servizo de pediatría na localidade" A portavoz popular, Sandra Vilela, púxose en contacto co gerente do área sanitaria, Luís Verdes, quen lle transmitiu "que non prazo de aproximadamente 10 días restablecerase o normal funcionamento do servizo de pediatría en Muxía". Verdes sinalou que é un "feito puntual, que non se deben recortes auspiciados dende a Xunta, senon ao feito de que ou día 25 deste mes celébranse oposicións e moitos profesionais pediron días libres para poder preparalas en condicións".

Valoración da Área Integrada

Os ecos das protestaron chegaron á Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, que asegura que "a finais de mes volverá á normalidade a consulta pediátrica en Muxía". Explican que os problemas débense a "un permiso solicitado polo facultativo titular deste centro, polo que nos vemos na obriga de centralizar a asistencia pediátrica deste concello na consulta de atención pediátrica do concello de Cee de xeito puntual e transitorio.  A partir do dia 25 do mes en curso, e unha vez celebrada a OPE convocada polo propio Servizo Galego de Saúde para a consolidación das prazas dos facultativos, disporemos novamente de profesionais para contratar e voltar á situación habitual".  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/de-muxia-a-cee-para-ver-o-pediatra/ “De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra” — Que pasa na costa ““Queremos pensar que se conseguimos recuperar o pediatra en Zas estamos axudando a outros lugares que teñan o mesmo problema”” — Que pasa na costa