A nova concentración en Cee polas pensións anima á próxima Folga Xeral
Outra vez á rúa. A CIG convoca unha convocatoria para sendas concentracións na Coruña e Cee (e outras 16 por toda Galicia) para seguir pelexando por un sistema público de pensións digno. Despois das numerosas concentracións que xa se realizaron os pasados meses, pensionistas da comarca volverán manifestarse este martes 22 de maio diante da Casa do Concello de Cee, ás 11:30h, en demanda de emprego, salarios e pensións dignas.
Unha disxuntiva que non só afecta aos pensionistas, senón que toda a cidadanía é a perxudicada polo continuo desmantelamento do servizo público de pensións, do estado de bienestar, por parte dos últimos gobernos.
A CIG recorda que a loita non contra a suba duns euros nas pensións de cada xubilado, se non que debee ser contra as continuas “reformas laborais e as políticas económicas e sociais aplicadas, que xeran pobreza e explotación laboral”.
#FolgaXeral o 19 de xuño
”Sobran razóns”, é o lema da CIG para a convocatoria da Folga Xeral do vindeiro martes 19 de xuño. Unha demanda dun “emprego, salarios e pensións dignas”, unha “loita contra a pobreza e a precariedade”, “contra a corrupción”, “pola derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva”, “na defensa dos servizos públicos: non á LOMCE! Salvemos a Sanidade!”, “Polo fin das agresións aos dereitos das mulleres, “contra o retroceso nas liberdades e o aumento da represión”.
Novas relacionadas
- 1 de maio 18: A cidadanía volveu saír á rúa para berrar contra a precariedade.
- Marzo 18: 400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións.
- Abril 18; Os PACs tamén se alzaron en pé de guerra por reivindicacións laborais aprobadas no 2008.
- Abril 18: Os pensionistas volveron saír á rúa para reivindicar un sistema público digno.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).