A sociedade volveu saír á rúa por Palestina
27 de febreiro de 2024 (09:36 h.)
Despois dun par de meses de parón de concentracións, que non da guerra, a sociedade galega volveu demostrar a súa solidariedade co pobo palestino volvendo ás rúas. Unha vintena de pobos de todo o país concentráronse onte para pedir o fin do comercio de armas e de relacións con Israel, ademais do recoñecemento do estado palestino.
En Cee e Carballo medio centenar de veciñ@s secundaron a nova convocatoria dos colectivos Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Asociación Galaico Árabe Jenin ou BDS Boicote e Desinvestimentos a Israel e acodiron ás prazas do Concello este lunes ás 20:00h.