A Xunta anuncia a necesaria ampliación do servizo de Diálese do HVdX

Rolda de prensa para anunciar o aumento do servizo de diálese no HVdX de Cee

Cos traballadores da sanidade pública en folga, a Dirección do Hospital Virxe da Xunqueira considerou un bo momento para presentar a xa coñecida ampliación do servizo de diálese. Unha petición tremendamente demandada que obrigaba a numerosos pacientes a facer verdadeiras aventuras diarias para recibir un servizo na necesario e continuo como este.

Como nos contara con satisfacción a deputada socialista Loli Toja (é certo que o PSdG loitou por esa ampliación), a Consellería de Sanidade ampliará os postos de atención aos pacientes pasan de 4 a 14.

Son 520.000€ de investivemento, e a obra, que está previsto tenga unha duración de 14 semanas, duplica a superficie da actual unidade, que pasa de 90 metros cadrados a 188.

Nova xerente do HVdX

Carmen Otero, nova Xerente do Hospita Virxe da Xunqueira de Cee

Anunciouno o proio conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, de visita no hospital ceés, nun acto que serviu ademais para presentar á nova Xerente do Hospital, Carmen Otero Suárez.

A nova xerente é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago e especialista en Xestión Medio Ambiental pola Universidade Politécnica de Madrid. Ata o de agora, Carmen Otero viña ocupando, dende o 2013, o posto de facultativo no Servizo de Admisión e Documentación Clínica, no Hospital Clínico Universitario de Santiago, como responsable da área de programación cirúrxica. Ademais, conta cunha ampla experiencia no ámbito docente na Universidade da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).