Abre o prazo de matrícula para as Ensinanzas de Adultos nos IES da bisbarra

Chamada a todas a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, que queiran sacar o título da E.P.A. e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases, xa poden retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posíbel que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

Así, os centros con esta formación (os Institutos Fernando Blanco de Cee, IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Fontexería de Muros e IES de Ponteceso) abren o prazo de matrícula para as Ensinanzas para Adultos. Despois do prazo de admisión aberto e xuño, agora ábrese un novo prazo de inscrición e matrícula do 1 ao 10 de setembro. As persoas interesadas que non poidan aportar documentación dos estudos realizados poderán realizar unha proba para establecer o nivel co que contan e decidir ao que acceden.

Estas ensinanzas teñen como obxectivos:

  • Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
  • Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
  • Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica.

Fonte

  • IES Fernando Blanco.