Accidente en Lobelos entre o bus escolar do Eugenio López e un camión
20 de febreiro de 2014 (17:35 h.)
Menudo susto que levaron os pequenos do CEIP Eugenio López esta mañá de xoves 20 de febreiro de 2014. Pero afortunadamente, a pesar do aparatoso do mesmo, non houbo feridos.
O bus escolar e un camión tiveron un accidente na recta de Lobelos, á entrada de Cee. Ambos quedaron atravesados no medio da vía e mesmo o camión se estampaba contra unha casa.
Novas relacionadas
Fonte
- Información e fotos de Rafael Quintáns.