Aínda quedan prazas para os cursos de formación hostaleira da CMAT

A pleno rendentemento xa está o Plan de Formación. Son varios Cursos que se poñen en marcha para mellorar a calidade do servizo hostaleiro da Costa da Morte. Berdeogas (Dumbría), O Couto (Ponteceso), Laracha, Carballo, Buño (Malpica), Baio (Zas), Muxía, Vimianzo, Cee, O Ézaro (Dumbría) ou A Picota (Mazaricos) acollerán diferentes cursos sobre a cociña do peixe, marisco ou carne; sobre alérxenos; sobre preparación de pratos; sobre xestión de aloxamentos; sobre boas maneiras na cociña; e mesmo sobre inglés.

Este luns pola tarde arrincan cursos en Dumbría, Carballo, Vimianzo e Cee. En varios aínda hai prazas dispoñibles e se ben os hostaleiros teñen preferencia, a última hora ábrese o cupo para toda a veciñanza.

Non desaproveiten a ocasión.

Máis información e inscricións

Todos os cursos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).