Alumnado de 2º de Instalacións Eléctricas e de 2º de Mantemento Electromecánico visitaron a fábrica de Brens
Co fin de coñecer o proceso produtivo e as instalacións da fábrica, un grupo de alumnos de 2º de Instalacións Eléctricas e Automáticas e de 2º de Mantemento Electromecánico do IES Fernando Blanco de Cee visitaron onte a factoría de Ferroatlántica en Brens (Cee).
Os alumnos do IES Fernando Blanco tamén visitaron as turbinas de enerxía instaladas no Ézaro
Logo, acudiron á central do Ézaro onde puideron ver o funcionamento das turbinas que xeran a enerxía eléctrica e tamén visitaron o Centro de Interpretación da Electricidade onde viron sistemas de illamento antigos, voltímetros, amperímetros, frecuencímetros,... ademais de paneis explicativos sobre o mundo da produción eléctrica.
Esta visita resultou especialmente interesante para este grupo de alumnado xa que algúns deles realizarán as prácticas nesta empresa a partir do mes de abril.
Novas relacionadas