Ameixenda ponse de festas pola Inmaculada Concepción

Imaxe da actuación de Jano Clown en Ameixenda

Xa está en marcha programación de actividades da Inmaculada Concepción que a SCDR Fumes do Cal artella en Ameixenda para a esta semana. Arrincaba o luns cun obradoiro creativo de barro, e cunha actuación de maxia.

Para o xoves 8 de decembro toca pasarrúas coa Banda de Música de Cee a partir das 12:00h, e a gran cita, será o domingo 11 co Festival de Música Tradicional que contará coa voz de Irma Macías eos grupos Da Baña e Fumes do Cal.