Ana, a pequena masterchef ceense

Tremenda a incidencia deste Master Chef Junior da TVE. Un deses programas que chegan a máximos de audiencia, e no que esta edición temos unha pequena protagonista costeira. Ana Oca, natural de Cee, participa, e como vemos en clave de favorita, neste concurso para atopar os mellores aprendices de cociñeiros.

Ana enviara un par de vídeos ao programa facendo un bo pastel de longueirón, e despois de pasar un par de castings, comezou a aparece en primetime na televisión pública estatal.

E a súa participación está sendo espectacular. O final do concurso achégase, e a pequena, e sempre arriscada Ana, levaba no programa de onte, 4 puntos, sendo o terceiro mellor prato do reto de onte. Así, e mesmo despois de ir a Dysney a cociñar, Ana continúa entre os 5 finalistas, e o fai como favorita, con Víctor.

Duras son as imaxes dos peques chorando cando teñen que deixar o concurso. Esperamos non ter que ver á nosa Ana sendo abrazada polos seus compañeiros. E esperemos que sexa ela a que abrace aos outros para consolalos por non teren gañado o concurso.

Así e todo, Ana tamén ten tempo para disfrutar dos seus, como o compramos este Nadal, onde mesmo fixo de paxe real na mesma cabalgata de Reis Magos de Cee, como vemos na foto que nos mandaa Rafa Quintáns.

Aquí tendes o programa de onte completo, e esperamos con impaciencia o martes que vén:

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).