Antonio Domínguez dimite da presidencia da Asociación Española Contra o Cancro en Cee

Antonio Dominguez dimite do seu cago como Presidente da AECC Aínda non é oficial, pero parece que todos os movementos sinanal a Antonio Domínguez como firme candidato á alcaldía de Cee polo PP. Así o denuncian unha serie de militantes, que solicitaban unha consulta ás bases, e así parece deducirse ao coñecermos a súa dimisión da presidencia da Xunta Local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro. Unha dimisión formalizada o 17 de maio, “para dar cumprimento cos Estatutos e Código Ético da Asociación, polas responsabilidades que lle xurdiron alleas a institución e incompatibles co cargo na Asociación”, segundo sinala a directiva da entidade, que queda orfa á espera de que se presenten novas candidaturas e elixir entre as mesmas a persoa que presida e represente a asociación na súa área de influencia que comprende os concellos de Cee, Corcubión e Dumbría. https://quepasanacosta.gal/novo-cruce-de-declaracions-entre-a-xestora-e-os-militantes-traizoados-do-pp-de-cee/ https://quepasanacosta.gal/ciudadanos-cee-ficha-a-alvaro-do-montanes/