Imaxe da última reunión do PP comarcal en Cee
O PP Provincial vén de anunciar a a que será a presentación oficial dos candidatos ás eleccións municipais de maio de 2019 dos concellos do Partido Xudicial de Corcubión (comarcas de Fisterra e Soneira). A cita, que será presidida polo presidente provincial, Diego Calvo, será este sábado 22 de setembro, ás 18:30 na Casa da Cultura de Corcubión.
Teremos que agardar ata esa dara para saber todos os nomes, malia que a maioría xa parecen claros.
Confirmado Antonio Domínguez
Antonio Dominguez volve a política no PP de Cee-Foto-MR
Xa é oficial. Como avanzábamos en maio, Antonio Domínguez volverá ser o candidato á alcaldía de Cee polo PP nas eleccións municipais do vindeiro maio de 2019. Así no lo confirmaba esta mañá a xestora local.
O que fóra alcalde ceés entre 2001 e 2007 volve á postularse como candidato a unhas eleccións que estarán moi concorridas, e nas que participarán o grupo actual de goberno, IxCee (que aínda non confirmou candidato), o PSdG, BNG, Ciudadanos, Adrián Leira (aínda non confirmou as siglas) e, aínda por confirmar, Unión Cidadá.