APEM fai un chamamento contra os prexuízos na súa Cea Solidaria

“Son Coma Tí, pese que aínda non o saibas” é o lema da Cea Solidaria de APEM. Unha cea que se celebrará este sábado 22 de outubro, ás 22:00h no Restaurante Pastoriza de Vimianzo. Iso si, xa non lles quedan prazas pois superaron todas as expectativas!

Faino para celebrar que o 10 de outubro foi o Día Mundial da Saúde Mental. E nesa liña a entidade ceense pretende facer un chamamento á empatía da sociedade cos problemas de saúde mental, insistindo na importancia de saber poñerse no lugar dos demais para coñecelos mellor.

A cea contará coa colaboración dun gran profesional da comunicación como é Fran Hermida como dinamizador da velada, o sorteo dunha exclusiva figura de cerámica deseñada por KerámiKos e desfrutarase de versións e risas coa actuación de “Carta de Ajuste”.

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).