Aprobada a Declaración Ambiental da planta de desmantelamento naval no porto de Brens

Instalacions de desmantelamento naval de BrokenBoats no porto de Brens en 2024

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, na declaración de impacto ambiental emitida en 2024 sobre a planta de desmantelamento naval e industrial no porto de Brens, tíñao claro: "Desaconsellamos a instalación desta industria no porto de Brens, para salvagardar os recursos pesqueiros dada a súa importancia para o sector marisqueiro (especialmente a produción de navallas, que é a máis importante de Galicia) e a súa fraxilidade ambiental como ecosistema”.

O propio Concello de Cee declaraba naquel entón que a instacións “produciría un impacto na calidade da paisaxe, non patrimonial cultural e un impacto visual na solución, que as intervencións formuladas para a Zona 1, a zona de desmantelamento primaria, producirán un aumento en dúas taxas de contaminación na Ría de Corcubión" e "será difícil ou imposible establecer ningunha medida que poida compensar os impactos definidos”.

Dous anos despois parece que estas afectacións mudaron, unha vez que o Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar este martes (podes descargala aquí en pdf) o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha planta de desmantelamento naval e industrial no porto de Cee.

O titular da mesma é Brokenboats e a idea é pór en marcha unha instalación de despezamento naval e aproveitamento das diferentes pezas de residuos obtidas. Estas actividades realizaranse para buques de ata 120 metros de eslora, estando prevista a recepción de buques de diferentes tonelaxes, mesmo de máis de 500 GT, sempre que non superen a dimensión de lonxitude indicada.
A planta poderá incluír unhas casetas prefabricadas como oficinas, almacén e aseos, e sinalan que varias das zonas de traballo estarán “situadas na lámina de auga”.

Por que non na SICAR?

Esta aprobación trae moitas reflexións. Unha a ubicación. Chama a atención que, dada a dispoñibilidade do antigo estaleiro SICAR, practicamente sen uso e abandonado durante varias décadas, a operación de despezamento se sitúe no peirao Brens-Cee, optando por traballar co barco aínda na auga, co perigo que iso entraña para os bancos marisqueiros.

Cómpre lembrar en todo caso que Suministros e Industrias Castro Rial SL (SICAR) mantén a concesión de 12.976 m², ademais dos terreos que recuperou ao mar, que o seu fundador obtivo durante o franquismo.

Quen é BROKENBOATS

A historia de BROKENBOATS S.L. comeza o 17 de febreiro de 2016 en Esgos (Ourense), co obxectivo empresarial de desmantelar buques e trens, a pesar da súa ubicación. Só en 2023 se trasladou o domicilio social ao porto de Brens, da mans dos seus xestores Alejandro Fernández Fernández e Alberto Fraguas Fernández (con vinculacións co PP e as Novas Xeracións en Ourense), como se recolle no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).
Con todo, estes dous xestores xa fundaron en 2014 en Vigo, SCRAPSHIPS SL, empresa que tivo un importante percance en 2020 no porto de Ribeira.

É 21 de xaneiro de 2020, e SCRAPSHIPS SL tiña dous buques amarrados no peirao de Ribeira á espera de desmantelamento: o L'ETEL (IMO: 6807412) e o EROS DOS (IMO: 8604668). Na mañá do 22 de xaneiro, a tormenta Gloria afundiu o L'ETEL. Na sentenza 6/2023 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 13 de xaneiro de 2023, podemos ler sobre a comunicación entre a empresa de Alberto e as autoridades. En resumo, Portos de Galicia solicitou á empresa que retirase os restos do seu buque do porto. SCRAPSHIPS alegou que carecía de recursos. Un ano despois, a autoridade competente reflotou o buque e facturou a SCRAPSHIPS SL a operación. A factura ascendeu a 332.000 €. Cinco meses despois da sentenza sobre o enésimo recurso presentado pola empresa, o 2 de xuño de 2023, presentouse a liquidación e disolución de SCRAPSHIPS SL, substituíndo os anteriores administradores pola liquidadora María Isabel Fernández González, posiblemente familiar dun dos fundadores da empresa.

Correremos os mesmos riscos na nosa ría?