Aprobado un investimento de 1,2M para ampliación da áre de Urxencias do Hospital de Cee

O Conselllo da Xunta vén de aprobar este xoves un inverstimento de 1,2 millóns de euros para o hospital Virxe da Xunqueira.
O proxecto de reforma e ampliación da área de urxencia do hospital contará cun orzamento de licitación de 1,2 millóns de euros. A modificación do control de Enfermaría, a definición dun circuíto permanente para pacientes respiratorios, a construción de 5 novos boxes para pacientes illados ou a mellora das zonas de descanso dos profesionais sanitarios son algunhas das actuacións previstas.

O candidato do PP, Jesús Picallo, mostrou hoxe a súa satisfacción:. “Esta é unha noticia moi importante para Cee e para a súa comarca, xa que se van cubrir unhas necesidades que desde o PP de Cee tamén lle trasladáramos á Xunta e que agora se farán realidade”,