As motos rachan o vento da Costa da Morte

Menudo nivelazo collen as motos pola Costa da Morte. Xa son varios os motoclubes que fan ruxir os seus motores por toda a bisbarra, cun protagonismo especial para os bravos do "Motoclube Costa da Morte". Nas últimas semanas tiveron un novo veciño do sur da bisbarra, a "Peña Moteira Rachando o Vento".

A peña nace concretamente dende a Estación de Servizo Bazarra, ao tempo patrocinador oficial da mesma, sendo o seu presidente e fundador Carlos Canosa, contando con Joaquín Sambade e Julio López como vicepresidentes.

Unha Peña que estreará a súa nova sede, na propia gasoliñeira e fará a presentación oficial o vindeiro 22 de setembro a partir das 18:00h.

As posibilidades que lles abre a Estación de Servizo Bazarra aos socios da Peña son tremendas ademais:

  • Bazarra paga a metade dos 10€ que custa facerse socio da Peña.
  • Cada mes Bazarra realizará 3 Sorteos, un de bonos de 5€ de combustible efitec 98, outro de entradas para grandes premios e outro de regalos como sudaderas, cortaventos...
  • Descontos en combustibles.
  • Descontos na tenda e no Bar Bazarra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).