As ondas de Nemiña non te esquecen

Foi un dos primeiros en poñer a Costa da Morte no panorama surfeiro galego. O seu amor polas ondas facíase en efectivo en lugares como Nemiña, onde precisamente, un grupo de amigos e amantes do surf, lle adicaban onte unha fermosa homenaxe. I é que Nemiña foi a praia que o veu medrar como surfista, onde pillou as primeiras olas, e onde coñeceu a ducias de amigos.

Moitos destes quixeron gardar un minuto de silencio, collidos da man formando un círculo no mar, tal e como se ven facendo dende vello na cultura surfeira, para render unha salgada homenaxe, e enviar unha agarimosa aperta a toda a familia deste ceense de 37 anos, que nos deixaba o pasado mes de abril tras unha longa enfermidade.

David Rueda Corbelle, as ondas da Costa da Morte non te esquecen.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos de Betty e Luís.