Así quedaron as novas eleccións sindicais de XEAL

Celebráronse onte unhas novas eleccións sindicais nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas de XEAL.Os resultados globais das eleccións son os que seguen:

 

Votos

Delegados/as

%

CIG

124

6

52,99%

USO

47

3

20,08%

UGT

39

2

16,66%

CGT

24

2

10,25%

Deste xeito, a CIG volve ser o sindicato máis votado, obtendo o 52,99% dos votos emitido e sumando 6 dos 13 representantes, mantendo a mesma representación que no anterior proceso a pesar de presentarse unha candidatura máis e do descenso do cadro de persoal.

Con todo, cómpre destacar a elevadísima participación nestas eleccións, xa que o 100% do cadro de persoal acudiu a votar.

O camiño da CIG

Dende a CIG aseguran que manterán “a loita pola defensa dos dereitos laborais e polo mantemento dos empregos e da actividade industrial nas fábricas en cumprimento da cláusula concesional e as sentenzas que a avalan”. Pero entenden que “queda por diante unha dura loita ante as incertezas xeradas pola venda do complexo industrial-enérxitico a un novo grupo empresarial, Energo-Pro, e que a sección sindical da CIG porá en marcha todas as medidas sindicais e legais necesarias para garantir o futuro das fábricas e dos postos de traballo, así como a recuperación dos dereitos roubados”.

Máis novas de XEAL