ATREVE achega a Cee unha charla sobre cambios normativos para profesionais do taller

Os profesionais do taller da comarca de Fisterra teñen unha cita o vindeiro martes 27 de novembro, ás 20:00 da tarde. O centro Acerta Formación, de Cee acolle unha charla informativa organizada pola Asociación de Empresarios do Taller de Reparación de Vehícus da Coruña (Atreve) para dar a coñecer algunhas das novidades que afectan ao sector.

Varios cambios normativos inciden actualmente na actividade dos talleres de reparación de vehículos. Por unha banda, segundo o Decreto 108/2017, estes negocios han de ter dúas placas, en lugar dunha, e introdúcense novas especialidades. O cambio ten que producirse antes de que termine o presente ano. Igualmente, o novo convenio estatal do Metal fixou a obligatoriedad de todos os empregados do taller de ter un curso obligatorio de Prevención de Riscos Laborais. Destes e outros asuntos, como a forma legal para a contratación de autónomos e a relación entre talleres e compañías aseguradoras, abordaranse na charla.

ATREVE, constituída en 2015, conta con 22 asociaciados na provincia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-asociacion-atreve-apoia-a-demanda-do-ies-parga-pondal-dun-fp-de-carroceria-ante-o-defitit-de-profesionais/