Belén Lado deixa o kiosco da Praza das Palmeiras tras 36 anos de servizo

Belén Lado nunha das últimas xornadas no Kiosco: Foto: Rafa Quintáns

Leva máis de 36 anos ao outro lado da “ventanilla”. Toda unha vida, desas ademais de autónoma na que non existen as baixas nin as vacacións, que remata este mércores, cando Belén Lado bote o peche por última vez ao kiosco da praza das Palmeiras.

Un traballo duro, pero gratificante, no sentido de permitirlle coñecer centos de persoas ás que sempre tratou con naturalidade.

Haberá que ver que pasa coa concesión municipal dese Kiosco La Junquera, pero polo de pronto a veciñanza seguro que bota de menos a amabilidade de Belén.