Bernardo Pazo, do IES Agra de Raíces de Cee, acada a medalla de ouro na XLII Olimpiada Galega de Química
Bernardo Paz Canosa, do IES Agra de Raíces de Cee, vén de acadar a medalla de ouro da demarcación da Universidade da Coruña na XLII Olimpiada Galega de Química; unha cita académica que cada ano convoca puntualmente aos alumnos de bacharelato dos centros de ensino galegos.
O acto, organizado pola Asociación de Químicos de Galicia, celebrouse o pasado xoves, 19 de xuño, no edificio de Ciencias Experimentais do Campus da Universidade de Vigo.
Recibiron os recoñecementos os tres mellores alumnos de cada demarcación universitaria galega (USC, UDC e UVigo). Da demarcación da Universidade da Coruña recolleron as súas medallas de Ouro, Prata e Bronce Bernardo Paz Canosa, do IES Agra de Raíces de Cee; Antón Fernández Rodríguez, do Colexio Calasanz Padres Escolapios de A Coruña; e Cristina Paz Pérez, do IES Monelos de A Coruña. Pola demarcación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) recolleu a medalla de Ouro Antía Blanco Villaverde, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro; a de Prata, Gonzalo Figueiras Dorrego, do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago; e a de Bronce, Pablo Hermida Castro, tamén do Manuel Peleteiro. Pola demarcación da Universidade de Vigo non puido acudir Iván García Pérez, do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Pero sí a recibiron os gañadores da Prata, Lucas Dacuña Ríos, do IES Valle-Inclán de Pontevedra; e de Bronce, Gael Álvarez Gándara, do IES Primeiro de Marzo, de Baiona.
Tamén recibiron os seus diplomas os demáis participantes nesta XLII Olimpiada Galega de Química.