Bichiño expón a natureza da Costa no Centro Comercial Finisterrae
24 de xaneiro de 2022 (07:24 h.)
Se vos achegades ao Centro da Costa, o Centro Comercial Finis Terrae de Cee, non vos marchedes sen subir á primeira planta a ver a exposición de fotografía de Javier Carballo. O autor do perfil O Rincón do Bichiño (incluso no Youtube) lanza a súa primeira exposición (seguro que caerán ducias en pouco tempo) con fotos da nosa natureza.
Lobos, aves, reptís… espazos, montes, ríos… Todo cabe trala cámara deste mozo de Ameixenda.
A mostra estará dispoñible ata o 2 de febreiro.