BNG: “O paso de convenio entre Consellería e dono do Castelo de Ameixenda debería estar cerca”

Membros do BNG co responsable da Plataforma en Defensa do Castelo de Ameixenda na porta do Castelo

Con ilusión recolleu tamén o BNG a resposta da Xunta ante a petición fronte a Valedora do Pobo pola apertura do Castelo de Ameixenda. O pasado venres, Olaia Rodil achegábase cos compañeiros responsables dos concellos do partido xudicial para demostrar o seu compromiso coa apertura deste Ben de Interese Cultural.

”Creemos que este é un pasiño mais cara o obxectivo final”, recoñecen dende un BNG cauto. “Sen ser optimistas en demasía, estamos no camiño e esperamos que en breve nos respondan a pregunta presentada no Parlamento e que esa inspección ao Castelo sexa o antes posible e non se demore a resposta de novo da Consellería á Valedora”, sinalan.

O BNG considera que “o paso de convenio entre Consellería e dono debería estar cerca”, e considera que a apertura de portas non debería tardar, aínda que necesite algunhas reformas.

O grupo apunta que tamén ten pedido consultar o expediente do asunto para comprobar con exactitude a resposta do propietari.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)