O BNG propón vairas obras de abastecemento e saneamento para o POS26
23 de xaneiro de 2026 (10:19 h.)
O BNG lanza varias propostas de obras no POS+26, todas elas demandas veciñais e repartidas por todo o territorio ceense. Moitas veñen de anos anteriores, é decir, xa foron presentadas e non sairon adiante. Cómpre destacar as iniciativas que teñen que ver coa auga, tanto co tratamento das augas residuais como coa chegada da rede municipal.
- A conexión a rede das vivendas mais altas de Gures, xa que no verán, non dispoñen da traída veciñal pola súa ubicación.
- A chegada a Lires da rede de abastecemento do embalse de Santa Uxía, cunha derivación a aldea de Porcar.
- No que respecta ao saneamento é preciso encarar os de Pereiriña e as súas aldeas, o que falta en Brens e a separación de augas residuais e fecais en Lires, para que a ría deixe de estar contaminada.
Tamén solicitan a renovación do polideportivo municipal de Cee, coa adecuación da pista e a renovación dos vestiarios, a humanización da rúa Buenaventura Castro Rial (subida ao instituto de Raíces) e o asfaltado das vías a Ruibo e a entrada a Xallas, os viais interiores de Estorde e a
mellora integral do lugar de Pallares.
Por último a renovacion da praza dos Castiñeiros e da praza da festa en Gures.