O BNG solicita análises da auga nas fontes tras varios problemas no suministro

Foto de arquivo

Cada ano, coas primeiras duiras (esas primeiras chuvias fortes que arrastran todo canto atopan polos camiños), a vlllas e as fontes de Cee presentan unha auga turbia. Así o denuncia o BNG ceense, que vai trasladar unha queixa á Mancomunidade de Fisterra, a que xestiona o sistema de abastecemento auga potable, para que analizar se se pode tratar problema na captación do embalse e posterior tratamento na estación depuradora.

O grupo opositor cre que a mala ordenación urbanísitca pode ademais “crear roturas en canalizacións e/ou filtracións non desexadas desde o antigo vertodoiro no monte de O Son, tanto bacteriolóxicas como químicas”. Por iso pide que se fagan “análises periódicas das augas das fontes onde a veciñanza se serve acotío para non ter que beber a auga que ven do embalse de Santa Uxía, e publicar esa información en bandos no taboleiro de anuncios da casa do concello e nas redes sociais”.