Brens pasa da reciclaxe á literatura xuvenil con Guadalupe Vázquez Formoso

Guadalupe Vazquez Formoso co "Eu Monstro"

Non para o programa trimestral da SDC Brens. Faino cunha axenda variada, pensada para todos os públicos, como se demostra nesta mesma semana, pasando de reciclaxe, a literatura xuvenil.

Charla con COREGAL

"Os tres R: Reduce, Reutiliza e Recicla o lixo no seu contedor correspondiente". Así resumía José Manuel Lorenzo Viejo, de Coregal (entidade vinculada a Cogami) a súa didáctica e amena charla realizada este pasado sábado. Falou da importancia de separar os residuos nos seus correspondentes contedores, e avanzou as novidades que chegan de Europa sobre a reciclaxe.

De feito, avisou que se vai a cambiar o modelo do contedor amarelo, vaise premiar a xente que recicla ben con descontos. Tamén vai aparecer un novo contedor que será de cor vermello para residuos perigosos. Para el o mellor sistema de recollida é o porta a porta que será menos contaminante. E puxo o exemplo do Pais Vasco onde xa non hai casi contedores, porque o lixo se deposita en bolsas e no horario que se establece para así non precisar tanta maquinaria. Charlas así deberían de ser obrigatorias tanto nos colexios como a veciñanza en xeral.

Literatura xuvenil con Guadalupe

Así, este sábado 7 de marzo ás 17:30 na axencia de lectura de Brens chega Guadalupe Vázquez Formoso presenta a súa primeira da miña nova novela xuvenil "Eu, Monstro", publicada Editorial Toxosoutos. Organiza o evento a Asociación Deportivo Cultural de Brens (SDC Brens) falarase do tema en torno ao cal xira a novela xuvenil, que é a transfobia, pero tamén, por suposto, de mulleres, sendo o día 7 a véspera do 8M (Día da Muller).