Un bus sofre unha rotura dun cristal en Cee
08 de xuño de 2025 (13:44 h.)
Os bombeiros do parque provincial de Cee acudiron esta mañá dominical a un accidente dun autobús que rozou cunha sinal de tráfico provocando a rotura dos cristais da parte traseira do vehículo, no cruce de Roget na C552 ao seu cruzamento coa AC 550.
A consecuencia da colisión, un rapaz sufriu lesións leves debido a pequenos cortes de cristais.