Atopan en Corcubión a un peregrino canadense que se perdera dende Fisterra

  • [Última hora: 22:00h]: Veñen de atopar ao peregrino canadense que de 74 anos en Corcubión, no albergue que hai na subida cara o cuartel da Garda Civil. Segundo aseguran fontes achegadas á operación estaba totalmente desorientado.
Efectivos de emerxencia participan na busca dun peregrino desaparecido dende onte. Segundo informan fontes do operativo, a búsqueda estase facendo entre Lires e Fisterra. Ao parecer, trátase dun home - de 74 anos e nacionalidade canadense - que tiña que volver onte ao albergue no que se hospedaba, en Cee. O responsable do centro chamou ao 112 Galicia sobre as 15 horas de hoe para explicar a situación. Segundo indicou, o varón deixou alí as súas pertenzas e puxo rumbo a Fisterra. Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo en marcha un operativo de busca, no que participan a Garda Civil e a Policía Local de Cee. Despois de recibir o aviso do 112, Protección Civil de Fisterra tamén se sumou ao dispositivo. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112