Buserana ofrece ferramentas para identificar sinais do maltrato psicolóxico a través do cine nos Institutos
Interesante e mesmo necesaria a xornada artellada pola Organización Feminista Buserana co IES Fernando Blanco. Continuando co seu programa do mes de marzo, e con outra nova sesión de Feminismo de Cine, tres mulleres do colectivo visitaron o centro ceense para ver e analizar unha película.
”É unha actividade que nos está dando moitas satisfaccións, polo enriquecedor que é falar coa rapazada e ver de qué xeito lles podemos axudar con ferramentas útiles para detectar e rexeitar os diferentes tipos de maltrato á muller”, recoñecen as mulleres de Buserana.
Neste caso, o filme foi “Big Eyes”, unha película que versa sobre o maltrato psicolóxico e a apropiación intelectual, baseada nunha historia real, e cun sorprendente desenlace. Despois do visionado, tocou reflexión común arredor da estrana necesidade que teñen algúns homes de tulelar ás súas mulleres ou fillas cando son adultas. Unha tutela que chega a conlevar a apropiarse da súa obra, como acontece nesta historia.
Creo que “xuntas aprendemos a identificar sinais do maltrato psicolóxico”, explican. Certo que a mocidade amosouse algo cortada ao principio pero pouco a pouco foron soltándose e facendo unha interesantísima xornada de relfexión, que lles aporta moitas ferramentas para traballar na igualdade á mocidade de Bacharelato.
Invitación ao resto de centros
”Encántanos este xeito de traballar coa mocidade, e este proxecto ademais é infinito, pois podemos ver moitísimas películas, ir con diferentes grupos… por iso animamos ao resto dos centros da comarca a que se poñan en contacto con nós para facer unha sesión sobre igualdade e feminismo”, invitan.