Cae por un terraplén tras unha colisión en Codesos
25 de agosto de 2023 (11:42 h.)
Esta mañá rexistrouse un accidente na AC-552 en Codesos, Cee. Foi un alcande de 2 vehículos, que provocou que unha furgoneta caese por un terraplén, e provocase que o condutor resultase ferido, e trasladado polo 061 ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Ao lugar acodiron Policía Local de Cee, Bombeiros de Cee e Protección Civil, ademais da Garda Civil de Tráfico.